venres, 30 de novembro de 2018

María e mais eu no club de banda deseñada de 1º ESO

Os rapaces e rapazas do club de lectura de banda deseñada de 1º ESO tiveron hoxe o seu primer encontro para compartir as súas opinións sobre a lectura María e mais eu, de Miguel e María Gallardo. 

En xeral, gustounos moito a todos, sobre todo, pola posibilidade de achegarnos a un mundo que nos era descoñecido: o autismo. Estas son algunhas das opinións dos lectores e lectoras:
- Es un libro súper interesante. Lo recomiendo muchísimo. Te explica la vida de María de una manera muy creativa y fácil de entender.
- Recomiendo este libro. Me ha encantado la manera de la que habla del autismo y cómo se expresan los personajes. Es súper interesante y lo recomiendo a todo el mundo y para todas las edades.
- Me gustó mucho. Interesante cuanto menos. Una forma muy interesante de explicar una vida.
- Me gustó mucho el libro. Gracias a él aprendemos a comportarnos ante un niño/a con autismo. Es muy fácil de leer y rápido.
- El libro está bien. Me gustó, aunque me gustan más otra clase de libros. Me parece que se centró más en el viaje a Canarias, el hotel y los americanos que en María (en algunas partes).
- Me gustó, pero era un poco raro y a veces no entendía la letra.
- Me gustó muchísimo porque trata temas muy originales. Es muy guay y muy recomendable.
- Un libro muy bonito. Es único, como María. Es impactante, asombroso, divertido y alucinante.
- Me gustó mucho la manera de recordar a las personas (María). Me encantó el libro.
Como sabedes, o libro está dispoñible na biblioteca do centro.





martes, 27 de novembro de 2018

Engurras no club de lectura de 2º de ESO


Hoxe, no recreo, os alumnos e alumnas de 2º de ESO participantes no club de lectura de banda deseñada, xuntáronse para compartir as súas impresións sobre a obra. Estas son algunhas das súas opinións:

- Eu recomendaría este libro, porque ten historias bonitas e trata dunha enfermidade que non é para bromear, o alzhéimer. É precioso.
- O libro é moi recomendable. Trata de temas tan importantes como o alzhéimer e esas enfermidades tan dramáticas que padecen as persoas maiores.
- Gustoume moito, é moi entretido.
- O libro gustoume moito, pero o personaxe de Miguel non tanto dado que aproveitaba calquera ocasión para enganar á xente.
- Un libro divertido e realista no que aprendemos dos problemas dos nosos avós. Moi recomendable.
- A min gustoume moito o libro porque reflicte a realidade. Mostra como é a vida dunha persoa con alzhéimer. Eu recoméndoo.

Xa sabedes que os libros están dispoñibles na biblioteca, na sección de banda deseñada. Quedamos o luns 10 de decembro para recoller a próxima lectura!!!

luns, 26 de novembro de 2018

25N Día para a eliminación da violencia contra a muller


Este 26 de novembro, o alumnado do IES levou a cabo dúas accións protesta en favor da eliminación da violencia contra a muller. A primeira, organizada polos Departamentos de Educación Plástica e Visual e Educación Física e o alumnado de 1º de Bacharelato, foi a performance "Conxela a violencia". A segunda, organizada pola Biblioteca coa colaboración de todo o profesorado e do alumnado de 2º e 4º de ESO, consistiu nunha mani-festa-acción que poderedes ver no vídeo.

Que todos os días do ano sexan 25 de novembro!

xoves, 22 de novembro de 2018

Nómades, de Xosé Tomás

Este venres, os rapaces e rapazas que forman parte do club de lectura "Marcando a diferenza" puxeron en común as súas impresións sobre Nómades, de Xosé Tomás. 

Esta lectura, escollida para dar comezo ao club de banda deseñada de temática social, constitúe un punto de partida excelente, en tanto que se tocan temas diversos: a emigración, a situación dos migrantes no país de acollida, os conflitos bélicos,...

Aínda que algún dos participantes non puido asistir porque coincidimos no recreo coas Charlas de igualdade, a sesión foi moi enriquecedora para todos e todas, e sobre todo, fomos quen de comprender as suxerencias da obra, a súa simboloxía e a idea final que nos transmite, que nalgún caso conseguiu poñernos a pel de galiña.

Estas son algunhas das opinións dos nosos lectores e lectoras:
  • Pareceume un libro fantástico e moi interesante.
  • Pareceume moi chocante. Está moi ben porque conciencia ao poder comparar a primeira impresión que temos co desenlace de cada historia.
  • Simplemente podo dicir que me pareceu incrible. Axúdate a abrir os ollos e ver a realidade.
  • Un libro que, con moi pouco, transmite moito e fai unha crítica social moi boa.
  • Transmite moito, da calafríos ao lelo. É unha obra intensa.
  • Impacta, rompe preconceptos.
  • Pareceume moi impactante, pero mostra a realidade.
  • Impactante. Fíxome pensar moito sobre o que de verdade pasa no mundo.
  • Chocante realidade.
  • Un libro moi impactante e moi bo. Gustoume moito pola maneira de romperte os esquemas. Recoméndoo.
  • Pareceume moi bo libro, explicando os problemas da vida cotiá de hoxe en día. E o peor é que moitas persoas teñen opinións que se denuncian no libro.
  • Simplemente, impredecible.

Con estas opinións... non dan ganas de lelo? Pois que saibas que está dispoñible na biblioteca, na sección de banda deseñada.

Para non perdernos, falamos sobre a obra a través das seguintes propostas:

martes, 20 de novembro de 2018

Hora de ler



Neste curso académico, como en anos anteriores, estase a desenvolver a actividade Hora de Ler no IES de Soutomaior. Así, cada semana, destinamos unha sesión de clase para gozar da lectura e compartir cos compañeiros e compañeiras os libros que nos gustan. Para ver o cronograma deste ano podes descargar o calendario aquí: Calendario Hora de Ler 2018-2019

Na Hora de ler podes ler o que ti queiras (revistas, novelas, poesía, banda deseñada...) así que non olvides pasar pola biblioteca ou traer o teu libro preferido da casa. Nestes días levaremos tamén ás aulas as caixas de libros recomendados desde a biblioteca para que, se un día se te esquece a túa lectura, poidas participar da actividade sen problema.


martes, 13 de novembro de 2018

María e mais eu, de María e Miguel Gallardo, no club de lectura de BD de 1º ESO


E por fin, tócalle a quenda aos peques do IES. En 1º de ESO tamén temos o noso club de lectura de BD e comezaremos con María e mais eu, unha obra sobre a vida dunha nena con autismo.



Para iso, Sabela, Lucía, Ana, Sara, Samuel, Xabi, Manuela, Marta, Breixo, Álvaro e Amparo reuníronse este venres para recoller os libros e tamén para empezar a traballar sobre o tema da obra co visionado do seguinte material:


Como podedes ver polas imaxes, os vídeos son obra de Miguel Gallardo (autor da BD) en colaboración coa Fundación Orange, e marabillosos como punto de partida para a nosa nova aventura. Agardámosvos o próximo venres!

Engurras, de Paco Roca, texto de inicio do club de lectura de BD en 2º de ESO


Este luns botou a andar o club de lectura de banda deseñada para 2º de ESO do noso IES. As rapazas e rapaces achegaranse á BD da man de Paco Roca e a obra Engurras, todo un clásico xa na novela gráfica de temática social.

Lucía, Rebeca, Paula, Izaskun, Ángel, Ariadna e Noelia lerán durante esta semana a obra e quedaremos de novo para falar do Alzheimer, da vellez e dos recursos narrativos do texto o luns 3 de decembro. Agardámosvos para escoitar a vosa opinión e esperamos que este libro vos guste case tanto como a nós!

venres, 9 de novembro de 2018

Nómades, de Xosé Tomás: primeira lectura no club de Banda deseñada "Marcando a diferenza"



Esta semana comezamos a andaina do club de lectura de banda deseñada "Marcando a diferenza". A nosa primeira lectura será Nómades, de Xosé Tomás, que servirá para romper o xeo coa BD e tamén coas temáticas que abordaremos nas próximas lecturas. A crise migratoria, a trata de mulleres, as condicións laborais das mulleres, a discriminación por motivos da condición sexual e os conflitos aínda existentes no mundo serán os eixos temáticos desta obra e tamén da nosa reunión, que se celebrará o próximo venres 9 de novembro. Agardámosvos!