martes, 9 de abril de 2019

Nova lectura no club de BD de 2 ESO

Continuamos o noso club con Raritos, e despois do éxito en 1 de ESO, repetimos boa experiencia co alumnado de segundo. A obra gustou tanto que todos os participantes lérona do tirón e é que é o que teñen as boas lecturas, que enganchan. Decidimos tamén ler a segunda parte, pois tras unha historia sinxela de enfrontamento entre os de artes e os de ciencias, atopamos moitos temas para a reflexión: a importancia da colaboración, os malos tratos, o acoso escolar, a necesidade de coñecer xente diferente a nós... todo un descobremento! Vémonos á volta das vacacións! 


venres, 5 de abril de 2019

María e mais eu no club de banda deseñada Marcando a diferenza


Esta mañá tivemos a posta en común de María e mais eu de Miguel e María Gallardo no club de lectura Marcando a diferenza. A conclusión: os libros axúdannos a entender a outras persoas e a ser máis empáticos. Aquí vos quedan os vídeos recomendados para continuar aprendendo e comprendendo ás persoas con autismo. Gozade deles!

xoves, 4 de abril de 2019

Valiente no club de lectura de 1 ESO

Os rapaces e rapazas do club de lectura de banda deseñada recolleron hoxe unha nova lectura por petición súa: Valiente, a segunda parte de Raritos. Así, seguiremos coñecendo os personaxes e reflexionando sobre temas sociais, neste caso, o acoso escolar. Gozade da lectura e das fermosas ilustracións de Svetlana Chmakova.