Este venres, os rapaces e rapazas que forman parte do club de lectura "Marcando a diferenza" puxeron en común as súas impresións sobre Nómades, de Xosé Tomás.
Esta lectura, escollida para dar comezo ao club de banda deseñada de temática social, constitúe un punto de partida excelente, en tanto que se tocan temas diversos: a emigración, a situación dos migrantes no país de acollida, os conflitos bélicos,...
Aínda que algún dos participantes non puido asistir porque coincidimos no recreo coas Charlas de igualdade, a sesión foi moi enriquecedora para todos e todas, e sobre todo, fomos quen de comprender as suxerencias da obra, a súa simboloxía e a idea final que nos transmite, que nalgún caso conseguiu poñernos a pel de galiña.
Estas son algunhas das opinións dos nosos lectores e lectoras:

- Pareceume un libro fantástico e moi interesante.
- Pareceume moi chocante. Está moi ben porque conciencia ao poder comparar a primeira impresión que temos co desenlace de cada historia.
- Simplemente podo dicir que me pareceu incrible. Axúdate a abrir os ollos e ver a realidade.
- Un libro que, con moi pouco, transmite moito e fai unha crítica social moi boa.
- Transmite moito, da calafríos ao lelo. É unha obra intensa.
- Impacta, rompe preconceptos.
- Pareceume moi impactante, pero mostra a realidade.
- Impactante. Fíxome pensar moito sobre o que de verdade pasa no mundo.
- Chocante realidade.
- Un libro moi impactante e moi bo. Gustoume moito pola maneira de romperte os esquemas. Recoméndoo.
- Pareceume moi bo libro, explicando os problemas da vida cotiá de hoxe en día. E o peor é que moitas persoas teñen opinións que se denuncian no libro.
- Simplemente, impredecible.
Con estas opinións... non dan ganas de lelo? Pois que saibas que está dispoñible na biblioteca, na sección de banda deseñada.
Para non perdernos, falamos sobre a obra a través das seguintes propostas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario