Na mañá de hoxe o club de banda deseñada de 1 de ESO reuniuse para falar de Raritos, de Svetlana Chmakova e publicado por Norma Editorial. A historia e os personaxes gustáronnos tanto que xa decidimos cambiar a programación do club para ler a segunda parte: Valientes.
Ademais de falar da trama principal (a colaboración obrigada entre dous equipos rivais, o club de arte e o club de ciencia), tamén afondamos nos temas sociais que toca esta obra: o acoso escolar, a multiculturalidade e os malos tratos. Encantounos a parte final, na que a autora explica o seu proceso de traballo co guion e o deseño dos personaxes e, como non, a súa invitación para atopar os máis de vinte mapaches agochados nas viñetas. Houbo quen atopou vinteún!
Moitos de nós identificámonos con algún dos protagonistas, ben polo parecido físico, ben polos seus intereses (debuxar, escribir, facer experimentos...).
Quedamos na próxima sesión para recoller a segunda parte!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario