luns, 3 de xuño de 2019

Avaliación dos Clubs de Lectura 2018-2019


Esta mañá realizamos a sesión de avaliación final dos clubs de lectura 2018-2019. Aínda que con algunha ausencia, completaron a enquisa un total de 32 participantes. 

A experiencia resultou moi positiva e o 100% do alumnado participante estaría disposto a formar parte novamente dos clubs do centro. A nivel xeral, en 28 das enquisas valorouse a experiencia como moi boa e en 4, como boa. 

O alumnado destacou como puntos fortes dos clubs o compañeirismo, as postas en común, as temáticas escollidas e a experiencia de achegarse a BD e a libros que doutro xeito non terían lido. Como puntos negativos, destacaron os cambios de datas por mor de festivos, exames ou saídas e tamén a falta de tempo motivada por realizar as sesións nos recreos.

En todo caso, trataremos de mellorar para o próximo curso. Grazas polas vosas aportacións! 

Aquí podedes ver a Enquisa de avaliación e os resultados da mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario