Hoxe, no club Historias da historia, puxemos en común Jamás tendré veinte años, de Jaime Martín (Norma editorial), acompañados polo profesor de Lingua e literatura galegas, Román.
Falamos sobre a vida na ditadura, sobre violencia, abusos e fame; e tamén sobre as historias que, sobre este periodo, se contan aínda nas nosas casas. Román falounos da historia de seu avó, apresado na Illa de San Simón durante un tempo incerto; e Martín, do seu bisavó, que tivo que esconderse por medo de ser detido ou fusilado.
O alumnado de bacharelato, que vén de gozar da lectura de El lector de Julio Verne, atopou moitos puntos en común coa obra de Jaime Martín e así, reflexionamos sobre a literatura como fonte de coñecemento histórico ideal, diferente dos libros de texto e que consegue achegarnos á historia a través de vivencias e testimonios máis persoais, máis humanos.
Grazas a Román polas súas achegas e a súa presenza. Agardamos verte de novo polo club!
Nós seguimos con La mujer rebelde, La historia de Margaret Sanger, de Peter Bagge, biografía dunha das pioneiras na defensa dos dereitos das mulleres e os métodos anticonceptivos nos Estados Unidos.
Coma sempre, un pracer compartir lecturas e tempo con vós! Vémonos o 3 de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario