venres, 22 de xaneiro de 2021

Y entonces nos perdimos...

Esta mañá tivemos unha nova e insólita reunión do club de lectura, acorde co  libro que comentamos: Y entonces nos perdimos... Aquí estamos, reunidos no ximnasio para poder manter as distancias de seguridade. 




A todos e todas gustounos moito esta historia de fantasía cunhas ilustracións incribles. Puxemos en común o argumento, os temas, as partes que máis ou menos nos emocionaron e como non, as nosas notas visuais:










A próxima lectura será Super Sorda, de Cece Bell, así que, da máis pura ficción, pasamos a unha autobiografía real da autora. Agardamos que gocedes da nova proposta e vémonos en febreiro para un novo encontro! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario