venres, 26 de febreiro de 2021

Nova reunión do club de lectura "Narrando con imaxes"


Na mañá de hoxe tivemos unha nova reunión do club de lectura Narrando con imaxes. Nesta ocasión, a obra comentada foi Supersorda de Cece Bell, unha  historia autobiográfica sobre a xordeira da protagonista que non deixou indiferente a ninguén.







Aparentemente, pola portada, parecía unha historia infantil mais, ao achegarnos á lectura, puidemos comprobar que o contido pouco tiña do que pensabamos. Cece narra as súas vivencias dende que lle diagnostican a súa xordeira ata a adolescencia, con episodios de falta de confianza en si mesma, de medo, de incomprensión... ata o momento en que decide converterse en Supersorda e facer fronte, con moito humor, á súa nova situación. 

É unha obra que non podedes deixar de ler e que xa está dispoñible na biblioteca do instituto!

Na próxima sesión, falaremos de Subnormal, un relato sobre o acoso escolar de Fernando Llor e Miguel Porto. Agardámosvos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario