xoves, 5 de novembro de 2026

E-LBE.2

    É un servizo complementario que poden ofrecer as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, integrados no PLAMBE. 


    Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquece as coleccións das bibliotecas escolares. Cun volume actual de máis de 4000 títulos, e en continua ampliación, están dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, para todas as persoas usuarias (profesorado, alumnado e familias) dunha biblioteca escolar PLAMBE.


    Como acceder:
    Para acceder á plataforma ELBE.2 precísase dun identificador e un contrasinal. O identificador, coincide coa primeira parte do correo que tedes asignado polo centro. Para dispoñer dun contrasinal deberedes poñervos en contacto co servizo de biblioteca.


Instrucións para a utilización de E-LBE.2


Acceso á plataforma

Ningún comentario:

Publicar un comentario