martes, 12 de maio de 2020

Resumo da actividade en biblioteca no curso 2019-2020

No día de hoxe deberiamos estar todos e todas compartindo o peche dos clubs de lectura na biblioteca escolar, mais esta situación anómala que estamos a vivir non o permitiu. 

Aproveitamos a data para facer o peche das actividades da biblioteca neste curso académico 2019-2020, que viu cargado de novos proxectos e propostas. 

Os clubs de lectura foron a actividade estrela do ano con moitas novidades, mais tamén houbo recomendacións lectoras, caixas novas para a hora de ler, exposicións de libros, participación en proxectos de centro, charlas, proxeccións de cine e documentais e, como non, novas lecturas para todo o alumnado, que convertiron a biblioteca nun viveiro de cidadanía.


Se voltamos ao centro, non esquezades traer os libros da biblioteca que teñades na casa. E se non... xa tedes tarefa para o curso que vén! 

Grazas a todos e todas pola vosa participación e o voso compromiso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario