Apúntate! Comezamos no mes de novembro!
Neste atípico curso escolar, non imos deixar de crear espazos para a lectura e as xuntanzas para falar dos libros. Iso si! Será un pouco diferente! Se queres enterarte de todas as novas, achégate o venres 6 pola biblioteca, na hora do recreo. Adiantámosche que este ano haberá dous clubs:
- Un club para 1º e 2º ESO titulado "Aquí lemos tod@s" e
- Un club a partir de 2º ESO titulado "Narrando con imaxes"
Coma sempre, trataremos de facer dos clubs de lectura un espazo para compartir e pasalo en grande. Non perdas a oportunidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario