venres, 21 de xuño de 2024

O CLUB DE LECTURA DE 1º E 3º ESO LEU "O BARÓN RAMPANTE"

 O alumnado do Club de Lectura de 1ºe3º ESO fixo a lectura dunha das grandes obras da literatura universal: O barón rampante, de Italo Calvino. A raíz disto realizou múltiples actividades en relación coas suxestións que espertou este texto. As andainas de Cosimo e Viola deron pe a alimentar a imaxinación e creatividade de quen tivo a fortuna de ler esta novela italiana tan especial.

NOVA OBRA DE SARA VILA NA NOSA BIBLIOTECA

 A NOVA OBRA DE SARA VILA NA BIBLIOTECA

Despois de termos o Club de Lectura Soutomaiores un interesante encontro con Sara Vila, para falarmos sobre a súa novela Oito días sen Eva Cortes, agardamos a que se publicase a súa nova obra, O incendio, para adquirila e tela na nosa biblioteca. Lembremos que con esta novela Sara Vila conseguiu o Premio Blanco Amor de novela e conságrase como unha das voces máis destacadas da narrativa galega actual. O