venres, 22 de xaneiro de 2021

Y entonces nos perdimos...

Esta mañá tivemos unha nova e insólita reunión do club de lectura, acorde co  libro que comentamos: Y entonces nos perdimos... Aquí estamos, reunidos no ximnasio para poder manter as distancias de seguridade. 




A todos e todas gustounos moito esta historia de fantasía cunhas ilustracións incribles. Puxemos en común o argumento, os temas, as partes que máis ou menos nos emocionaron e como non, as nosas notas visuais:










A próxima lectura será Super Sorda, de Cece Bell, así que, da máis pura ficción, pasamos a unha autobiografía real da autora. Agardamos que gocedes da nova proposta e vémonos en febreiro para un novo encontro! 


mércores, 13 de xaneiro de 2021

Recomendacións da biblioteca: Grandes conflitos

Invitámosvos a achegarvos á biblioteca para gozar da lectura de banda deseñada, novela ou ensaio de contido histórico. Non vos perdades estas novas recomendacións lectoras (a partir de 3º ESO)!

Nova lectura do club Aquí lemos tod@s!


Xa temos nova lectura no club Aquí lemos tod@s! Despois de Ana y Zanahorio e de Yo no soy Batman, achegámonos á banda deseñada con Raritos, de Svetlana Chmakova. Gozade da lectura!