xoves, 18 de marzo de 2021

Agu Trot no club de lectura "Aquí lemos tod@s"

Os rapaces e rapazas do club de lectura "Aquí lemos tod@s" gozaron, nesta ocasión, dun clásico da literatura xuvenil, Roald Dahl. A obra escollida foi Agu Trot e deu moito que falar.

Na sesión anterior, traballamos as anticipacións a partir das imaxes do relato e, aínda que houbo quen se achegou ao argumento, ninguén foi quen de adiviñar o orixinal sistema do Señor Hoppy para namorar á Señora Silver.


Gustounos moito o humor do relato, mais tamén puxemos en dúbida algunhas cuestións da historia como a obsesión do Señor Hoppy e a manipulación para achegarse á Señora Silver, cunha perspectiva de xénero ben sorprendente en mozos e mozas de 1º ESO.

A próxima lectura será O mono do asasino, de Jakob Wegelius, publicado por Sushi Books. Vémonos en abril!