venres, 18 de xuño de 2021

Despedida e avaliación dos clubs de lectura 2020-2021

Na mañá de hoxe chegaron á súa fin os dous clubs de lectura desenvolvidos neste curso académico no IES de Soutomaior. O club "Narrando con imaxes" acolleu a 14 rapaces e rapazas de entre 1º e 3º ESO interesados na lectura de banda deseñada, mentres que o club "Aquí lemos tod@s" foi o espazo de encontro para os máis pequenos. Este club estivo dirixido á lectura fácil e participaron  nel un total de 11 rapaces e rapazas. Se queredes botar un ollo ás entradas sobre todas as actividades e lecturas do curso, podedes premer nas etiquetas "aquí lemos tod@s" e "narrando con imaxes".

Antes de avaliar e despedirnos, o club "Narrando con imaxes" realizou a última posta en común sobre "El mono de Hartlepool", unha lectura sobre os prexuízos que disfrutamos moitísimo. Para traballar sobre o libro, participamos nunha dinámica na que había que unir diálogos da obra coas súas imaxes correspondentes.




A continuación, creamos carteis para a parede da biblioteca, na que espuxemos os nosos motivos para participar nos clubs de lectura e así, animar a outros compañeiros e compañeiras a apuntarse nos próximos cursos:









Os resultados da enquisa de avaliación cuberta polo alumnado pode consultarse aquí.

Por outra banda, os máis pequenos, avaliaron as obras lidas no club de lectura "Aquí lemos tod@s" a través dunha folla sinxela de valoración:


Como podedes comprobar, as obras escollidas foron do gusto de todos e todas.

Coma sempre, un pracer ter traballado con vós un novo curso! Grazas pola participación e polo voso compromiso!

Xa sabedes que as lecturas están xa dispoñibles na biblioteca do IES para toda a comunidade educativa.

Boas e merecidas vacacións!