martes, 29 de outubro de 2019

En novembro, comezan os clubs de lectura 2019-2020


Durante este curso académico 2019-2020 un total de 45 alumnos e alumnas compartirán lecturas e experiencias nos novos clubs. Realizaremos tres clubs durante todo o curso, que comezarán na próxima semana e se desenvolverán en sesións mensuais ata o mes de maio. Ademais, entre febreiro e marzo, desenvolverase o club de lectura e cinema integrado no proxecto interdisciplinario relacionado coa viaxe de fin de etapa de 4º ESO.

Deste xeito, nas vindeiras semanas darán comezo os seguintes clubs:

- Petiscos de arte, con alumnado de 1º e 2º ESO. Trala lectura compartida de álbumes ilustrados relacionados con artistas como Matisse, Yayoi Kusama ou Louise Bourgeois, o alumnado realizará un traballo artístico inspirado na obra dos autores e autoras traballados.

- Lecturas pola igualdade, on alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. Todas as lecturas propostas xirarán en torno a problemáticas relacionadas coa violencia de xénero, a igualdade e a diversidade afectivo-sexual.

- Historias da historia, con alumnado de 4º ESO e Bacharelato. A través da banda deseñada, achegarémonos a narracións baseadas na realidade, ás veces biográficas, outras ficcionadas, con temáticas como o holocausto nazi, a venda de preferentes, a guerra civil ou as pioneiras en materia de igualdade. 

Agardamos que gocedes das lecturas, das charlas co grupo e do traballo en equipo!

Xa sabedes que, unha vez traballadas, todas as lecturas dos clubs estarán dispoñibles na biblioteca, e que poderedes estar ao tanto de todas as novas a través do blog. Arrincamos!

domingo, 6 de outubro de 2019

Clubs de lectura 2019 - 2020


A próxima semana pasaremos polas aulas para informarvos sobre os distintos clubs de lectura que se realizarán este ano na biblioteca do IES. Animádevos a participar!

Calendario Hora de Ler 2019-2020


Benvida ao novo curso escolar


Benvidos e benvidas a este novo curso. Neste ano trataremos de transformar a nosa biblioteca nun viveiro de cidadanía a través dos nosos clubs de lectura, das actividades programadas e dos libros, pelis e xogos de mesa que xa tedes dispoñibles. Arrincamos!!!