luns, 20 de decembro de 2021

Teatro no club de lectura: Coraje, de Raina Telgemeier

 


Hoxe, día 20 de decembro, fixemos a primeira reunión tras a lectura da novela gráfica Coraje, de Raina Telgemeier. Os rapaces de 2º ESO (e mais dúas fichaxes de 1º) foron grandes actores e actrices nun xogo de dramatización a partir de distintas escenas do cómic.


Primeiro, sorteamos as escenas, formamos os grupos e puxéronse a ensaiar cadanseu papel...






En cada escena, tiñamos que introducir algún cambio con respecto á obra orixinal, o cal debía ser detectado e explicado polo resto dos compañeiros, tras ver a dramatización.

Falamos de empatía...



Sacamos moita coraxe...


Superamos prexuízos...



Enfrontamos os nosos medos...



E rematamos cunha festa!



E, por último, tamén tivemos tempo de debatir sobre a obra. Entre outras reflexións interesantes, as rapazas e rapaces dixeron que este é un cómic sobre afrontar os medos e aceptarse a un mesmo, sobre dar segundas oportunidades e, en definitiva, sobre ter CORAXE!


venres, 17 de decembro de 2021

 

Club de Lectura 2º ESO

 O VINDEIRO LUNS 20 O CLUB DE 2º ESO A 6ª HORA TEREMOS XUNTANZA NA BIBLIOTECA ARREDOR DE CORAJE, DE RAINA TELGEMEIER. SOBRE ESTA NOVELA GRÁFICA TAMÉN FAREMOS ACTIVIDADES...


Comprar el libro CORAJE , NOVELA GRÁFICA | de RAINA TELGEMEIER

xoves, 2 de decembro de 2021

Animádesvos a participar no Clube de Lectura en Galego para persoas adultas?

 


Se estás interesado/a en participar nesta iniciativa da Biblioteca e o EDLG do IES de Soutomaior para o Curso 2021-2022, gustaríanos coñecer cales son as túas motivacións para forma parte do clube, cal  é a túa experiencia lectora en galego, que tipo de lecturas che gustan e che gustaría facer, con que dispoñibilidade horaria contas, etc.

Se tes uns minutos, agradecemos que cubras a nosa enquisa en liña. A información recollida nesta enquisa será tratada con confidencialidade polo profesorado da Biblioteca do IES e só para este fin.