sábado, 23 de novembro de 2019

martes, 19 de novembro de 2019

Corredora no club de igualdade


Hoxe comezamos o club de lectura de igualdade coa presentación de Corredora, de María Reimóndez. O primeiro foi presentarnos, pois algúns de nós non nos coñeciamos.


Logo, para achegarnos á lectura, falamos sobre algúns temas da obra: Etiopía, a guerra e o papel da muller no deporte. Xuntarémonos de novo en decembro para a posta en común.



martes, 12 de novembro de 2019

El jardín de Matisse

Hoxe deu comezo o club de lectura Petiscos de arte, con 29 rapaces e rapazas de 1 e 2 ESO. A nosa primeira lectura foi o álbum ilustrado El jardín de Matisse, da colaboración do MOMA con SM.


Despois da lectura compartida da obra e de falar sobre a orixinalidade das propostas de Matisse na época e da diferencia de realizar un collage hoxe e a principios do século XX, traballamos a reo imitando a Matisse. Pasámolo realmente ben! 






O resultado foi unha homenaxe a Matisse chea de formas e cores que quedou na porta e nas fiestras da nosa biblioteca. 




Lembrade que o libro estará dispoñible na biblioteca e vémonos na próxima sesión para traballar sobre Yayoi Kusama.  Un pracer compartir este día con todos e todas vós!

martes, 5 de novembro de 2019

Maus, de Art Spiegelman

Comezamos o club Historias da historia achegándonos a unha obra mestra da BD, premiada cun Pulitzer en 1992: Maus, de Art Spiegelman.


Ademais de ler a obra, levamos deberes:
- Analizar a metáfora animal.
- Fixarnos nas incoherencias de Vladek, protagonista da historia.
- Tratar de comprender as consecuencias de ter vivido unha experiencia como Auschwitz: o holocausto despois do holocausto.
- Observar como o propio autor reflexiona sobre a súa obra dentro da obra.

Agradecemos a Bea e María, profes de Xeografía e Historia, a súa presenza para ubicarnos no contexto histórico e contamos con elas para a posta en común, que realizaremos o vindeiro 3 de decembro. E coma sempre, gozade da lectura!