martes, 23 de outubro de 2018

Inicio dos clubs de lectura a partir de 3 de ESO





Hoxe iniciamos os tres clubs de lectura que se desenvolverán no noso IES con alumnado a partir de terceiro de ESO: o club de poesía, o club de narrativa breve e o club de banda deseñada integrado no proxecto de centro "Marcando a diferenza". A convocatoria foi un éxito rotundo, agora so nos queda organizar os grupos para empezar a gozar das lecturas propostas. Comezaremos na primeira semana de novembro. Grazas a todos e todas polo voso interese!

luns, 22 de outubro de 2018

Os clubs de lectura botan a andar!


Primeiro apareceron pendurados os carteis nos taboleiros, logo os mensaxeiros espallaron a nova polas aulas do instituto e o boca a boca fixo o resto polos corredores e os patios. Que si, que era certo, que a centro novo, novos proxectos, e os lectores e lectoras habían contar co seu propio club. E non só un, senón varios.

O primeiro en presentarse publicamente foi o Club de Lectura de Banda Deseñada para 1º e 2º da ESO, a cuxa chamada acudiu esta mañá un bo número de alumnos e alumnas que quixo coñecer de primeira man esta nova aventura. Para saber dela e, por suposto, para embarcarse e iniciar a primeira singradura. Benvidos/as!