venres, 26 de febreiro de 2021

Nova reunión do club de lectura "Narrando con imaxes"


Na mañá de hoxe tivemos unha nova reunión do club de lectura Narrando con imaxes. Nesta ocasión, a obra comentada foi Supersorda de Cece Bell, unha  historia autobiográfica sobre a xordeira da protagonista que non deixou indiferente a ninguén.







Aparentemente, pola portada, parecía unha historia infantil mais, ao achegarnos á lectura, puidemos comprobar que o contido pouco tiña do que pensabamos. Cece narra as súas vivencias dende que lle diagnostican a súa xordeira ata a adolescencia, con episodios de falta de confianza en si mesma, de medo, de incomprensión... ata o momento en que decide converterse en Supersorda e facer fronte, con moito humor, á súa nova situación. 

É unha obra que non podedes deixar de ler e que xa está dispoñible na biblioteca do instituto!

Na próxima sesión, falaremos de Subnormal, un relato sobre o acoso escolar de Fernando Llor e Miguel Porto. Agardámosvos!



domingo, 7 de febreiro de 2021

Recomendacións do alumnado do club de lectura Aquí lemos tod@s

 Despois de ler a banda deseñada Raritos, de Svetlana Chmakova, os rapaces e rapazas que participan no club quixeron deseñar uns carteis recomendando esta lectura. Aquí vos deixamos algúns deles, que empezaremos a colocar ao longo desta semana:

Cartaz deseñado por Carolina Martínez, de 1º ESO


Cartaz deseñado por Dikra El Ouahidi, de 1º ESO


Cartaz deseñado por Ainoa Cabaleiro, de 1º ESO


Cartaz deseñado por Antón Garrido, de 1º ESO



Cartaz deseñado por Lola Fernández, de 1º ESO


Cartaz deseñado por Lucía Ramallo, de 1º ESO


Cartaz deseñado por Morena Ríos, de 1º ESO


Cartaz deseñado por Pedro Lourenzo, de 1º ESO


                                              Cartaz deseñado por Rui J. Vega, de 1º ESO